jueves, marzo 22, 2012

Inauguración RADIADOR (Nova Figuración en Galicia)

A Fundación Laxeiro, con Javier Buján como comisario orquestando esta exposición, inaugura mañá venres RADIADOR (Nova Figuración en Galicia)
Javier Aguilera, Bosco Caride, Elena Fernández Prada, Germán Pintos, Ignacio Pérez-Jofre, Jorge Perianes y Juan Rivas son os convocados para amosar o seu traballo en relación con esta liña argumental respecto da figuración, que poderemos disfrutar dende mañá, 23 de marzo, ata o 24 de xuño.
Se non queredes perder o momento álxido da inauguración non falledes mañá as 20:00 h, pero lembrade que tendes tres meses para disfrutar dela ou visitala de novo con máis sosego.


Fundación Laxeiro
Mañá, venres 23 de marzo
20:00 h
Policarpo Sanz nº 15, 3º
986-43 84 75
fundacion@laxeiro.es
www.laxeiro.es

No hay comentarios: