viernes, diciembre 26, 2014

jueves, diciembre 18, 2014

tiNGLão de INVERNO


"Queremos convidarvos a coñecer o tiNGLão Obradoiro Cerámico.

Para iso este domingo ofrecémosvos un aperitivo con algúns dos mellores artesáns e creadores que coñecemos, nesta exposición e venta dos seus traballos no noso taller.
O aperitivo corre da man dun deles, Ángel Parov, ben coñecido entre nós polas súas riquísimas preparacións.

A mostra terá lugar o vindeiro domingo día 21 de decembro dende ás 11:00 da mañá ata as 20:30 do mediodía, no tiNGLão Obradoiro Cerámico (Camiño interior da Seara 16-18).

Nela poderemos disfrutar e adquirir creacións de xoiería cerámica de Marta Armada, cerámica ilustrada de Neomys (Marta Miñambres e Bernardo Zilletti), pezas cerámicas de Ángel Parov, debuxos de Peri e fotocerámica antiga do mesmo tiNGLão (Emilia Guimeráns e Jorge Pérez).

Recibide un saúdo cordial polas datas, agardamos por vós nesta xornada de portas abertas inaugurando o inverno.

Un consello: O camiño da Seara non ofrece un aparcamento doado, e os aparcadoiros de Rúa Coruña e Centro Comercial Camelias son bastante caros. A zona menos complicada para aparcar é entre Gran Vía e Praza da Independencia, pola rúa Xerona. "


martes, diciembre 16, 2014

GALERÍA LILLIPUT




Este VIERNES, 19 de diciembre, a las 20,30 h. INAUGURAMOS en la Galería 
LILLIPUT/ VERSUS Librería(Venezuela,80-Vigo)

EXPOSICIÓN colectiva "Maneras de mesa"
Chelo Matesanz, Pablo Barreiro, Manuel Eirís, Emilia Guimeráns




lunes, diciembre 15, 2014

VENRES no ESTUDIO


Queridos todos e todas, este último venres antes das vacacións de Nadal, temos o placer de invitarvos ao debut dun novo grupo que se formou este ano, a partir da incorporación de Laura como cantante dos Ignorantes e a recolocación de Ignacio como bajista.

Se agradece confirmación, como siempre, para hacernos una idea de cuántos vamos a ser.

Unha aperta.

Lurdes

miércoles, diciembre 10, 2014

GALERÍA ARCANA



Este sábado Marta Armada y Miguel  Vázquez expoñen na galería Arcana ( rua Santa Lucía 11, Vilagarcía de Arousa ) as 20.00h , dende o 13 de Decembro o 31 de Xaneiro.

MARTA ARMADA

MIGUEL VÁZQUEZ

jueves, noviembre 20, 2014

Jesús Valmaseda


"RECORTES" de Jesús Valmaseda, e a exposición que  inaugurase en LILLIPUT Galeria de Arte ,este venres 21 de novembro ás 20,30 h. (esta dentro da Libreria Versus, rua Venezuela 20, Vigo).

martes, noviembre 18, 2014

JOAQUIM POMBAL



















E o dragón volveu a ruxir esta vez no Espazo Centocatorce , onde ten o obradoiro Joaquim Pombal (Portugal).

VENRES no ESTUDIO



ESTE venres, nenoescuro, músico e artista, realizará un proxecto de experimentación sonora e visual, que se abre ao campo poético e literario e se concreta na creación de pezas visuais, concertos performáticos, proxeccións.... AO VIVO.

Necesitamos que CONFIRMEDES ASISTENCIA pois precisamos dun mínimo de 15 persoas PARApoder pagar a viaxe do artista (velahí que solicitemos a colaboración de 3 € de plus)

Unha aperta.

Lurdes.